ESTRUTURA BLOG INDIVIDUAL FINAL FILOSOFIA DO DEREITO CURSO 2007-2008
1-NÚCLEOS TEMÁTICOS
A- DIFERENZAS E SEMELLANZAS ENTRE A ÉTICA E A FILOSOFIA DO DEREITO:
NOCIÓNS , LIBERDADE E DETERMINISMO, TIPOS DE LIBERDADE.
TEMA 1-Noción e obxecto da Ética e da Fª do Dereito
A palabra ética ten unha dobre orixe: ethos: costume,ethos morada termo éste que evolucionou a
maneira de ser, pensar, sentir...
¿De que versa a ética? Trata sobre os valores sobre o carácter, hábitos, ou actos en canto poden
ser bó ou malos.
¿Qué tipo de actos?¿humanos ou animais?¿Hai actos comúns entre os humanos e os animais? ¿O
mundo da natureza é suficiente ou insuficiente para o home?
-En que medida estamos condicionados pola natureza?
¿Poderiamos vivir sós?¿Seria posible o ser humano vivir sen normas? ¿O mito de Tarzán pode ser
real?
Actos humanos libres e deliberados ¿Cais son libres e deliberados? Aqueles que conducen a
algún fin.
¿Hai altruismo no mundo animal?
Acto moral: ¿Bó nadador, bó conductor, bó cazador, bó enxeñeiro son actos morais?-Implican
determinada destrezas pero non son actos morais, levar o termo bó non implica a realización dun
acto moral
¿Qué tipo de actos relacionados con estas destrezas serian morais?p.ex:
Rescatar a un náufrago, socorrer a un accidentado, non cazar especies en proceso de extinción,
participar nun proxecto de cooperación en África.
Os enunciados morais son prescriptivos, é dicir valorativos frente a enunciados descriptivos:
-Neste momento hai instaladas moitas ONGs en campos de refuxiados en zonas de conflicto de
África . (Sudán, Congo,Sáhara, Ruanda, Serra Leona, Senegal....).
-Débese a aumentar os orzamentos destinados a ONGs que actúan nos campos de refuxicados en
diversos conflitos de África (Sudán, Congo, Sáhara......).
Características:
-Autoobrigación: Teño que, debo que...
-Incondicionalidade: ¿Rescatar a un náufrago si me pagan unha recompensa? Si me dan unha
subvención coopero cas ONGs, Si me permiten cazar no monte X entón no monte Y non caza
especies protexidas.
-Consistencia: Non debe ter contradicións: Socorrer a
-Universalidade: Debese facer sempre. Socorro a un accidentado por ser coñecido, Débese só
financiar ONGs que interveñen en paises cos que temos relacións comerciais, sexa ou non
necesaria a sua intervención.
-Argumentabilidade: Financio esta ONG porque sí, ou respeto o código de circulación porque sí.
¿Hoxe existe a universalidade moral? Está posta en cuestión autores como Nietzsche, Sartre...
Cada quen ten a sua filosofia, a sua forma de pensar...
¿Se Deus non existe pode existir o ben? ¿Hai algúns principios éticos válidos para todos? ¿Qué é
o relativismo cultural?
Distinguense 3 Niveis:
-Moral: Concentrase nos códigos vixentes en cada comunidade-Debo axudar a alguen en caso de
necesidade, non debe mentir
-Ética: Proposta realizada por un teórico sobre temas morais ¿Qué é unha obriga? ¿Por qué teño
que socorre? ¿Por qué non debo mentir?
-Metaética- Preocúpase do coñecemento, funcionamento, xustificación dos suizos éticos.
¿Axudar a alguen é unha regra epixenética? ¿o fan tamén os animais? ¿Os enunciados éticos
poden ser verdadeiros ou só correctos?
FILOSOFIA
Orixe do grego philos- amor e sofia-sabedoría. Amor polo saber. Filosofia é máis modesto que
sabedoria.
¿Qué o saber? É un concepto máis amplo que o de ciencia inclue saber ordinario, científico,
filosófico e teolóxico.
Filosofia non pretende formular Leis contrastabeis a partir dos feitos é un coñecemento teorético
un conxunto de conceptos, independente que non ten outro fin que o saber en si mesmo racional
non é un mito unha opinión.
............................................................................................................................................
DEREITO
Orixe procede do latin - directum: norma que regula o recto o xusto
§ Ius:conforme a unha fórmula.deriva xuridico, xustiza...
Dereito: Sistema ou conxunto de normas reguladoras dalgúns comportamentos humanos nunha
determinada sociedade-
Sirve para superar a insuficiencia da natureza respecto ó convivencia humana.
O Dereito é un sistema normativo pero ¿regula todo?
¿Hai algún artigo do Código Penal que me obrigue a erguerme a determinada hora en dias
festivos? ¿A convidar a un indixente a comer o dia de Nadal?
Regula os actos exteriorizados que a sociedade considera relevantes para a sua conservación e
para a harmónica convivencia.
Normas: consuetudinarias- orde na mesma sociedade.p. ex: a unión de parellas para a
procreación,
Normas legais- Feitas polo poder político- Diversos tipos de unión, deberes e dereitos repecto a
parella e respecto ós fillos que en caso de incumprirse .
Dereito dobre vertente:
-Subxetivo. Seria o dereito ou dereitos que cada ún ten por pertencer a un determinado grupo.
P.ex: os meus dereitos constitucionais, os meus dereitos como alumno ou profesor
-Obxetivo: Serian os códigos normativos polos que se rexe unha sociedade: Dereito civil galego,
Carta de dereitos do home, Dereito internacional.
¿Qué diferencias hai entre ética e dereito?
Ética- Normas interiorizadas a través das relacións sociais e que se imponen pola conciencia.
P.ex: non hai ninguna norma que penalice cooperar e ser solidario cando acontece unha
catastrofe, non obstante é un imperativo da conciencia.
Dereito- Normas en conformidade cas leis que se impoñen pola forza coactiva.Si non pago
impostos pode caerme unha sanción.
¿A decisión do morrer debe estar penalizada?
Ética e Fª do Dereito constitue unha reflexión sobre o Dereito
TEMA 2. LIBERDADE, DETERMINISMO E RESPONSABILIDADE
A palabra liberdade procede do vocábulo latino liber, aplicado o home que pode asumir
responsabilidades, por contratposición ó escravo que non pode facelo.
A liberdade foi definida de diversas maneiras ao longo da historia, acentuando máis ou menos
algúns aspectos:
a. Posibildade de autodeterminación: Fichte, Ricken.
b. Posibilidade de elección: Ortega.
c. Acto voluntario: Descartes.
d. Acto espontáneo: Leibniz, Mario Bunge.
e. Ámbito de indeterminación ou ausencia de sometmento a unha lei necesaria, como o están
os fenómenos naturais.
f. Ausencia de restricións , de interferencias, de coaccións: Hobbes, Espinosa. Liberación de
algo que se presenta como opresor. É libre, neste sentido, quen non está coaccionado. Esta
coacción pode ser: física: un preso non é libre de moverse físicamente; psíquica: o
maníaco-depresivo non é libre psíquicamente; moral: ameaza de suspenso, etc,;política: as
ditaduras impiden o exercicio desta liberdade; social: é dificultada pola excesiva presión
dos usos sociais sobre o individuo.
A liberdade supón a ausencia de coaccións e implica a posibilidade de escolla entre varias
alternativas posíbeis, entre varias opcións, mediante actos espontáneos e non forzados.
Divisións da liberdade
a. Interna ou de querer . Tamén denominada libre albedrío ou liberdade natural implica
ausencia de coacción interna ou psíquica e implica a capacidade de elixir. É a forma
princiapal de liberdade e soe subdividirse en:
-Liberdade de exercicio. Obrar ou non obrar.
-Liberdade de especificación. Escolla entre diversas opcións.
-Liberdade de contrariedade. Elección entre duas opcións contrarias (facer o ben ou mal).
Outra división soe ser entre : liberdade da espontaneidade- ausencia de coacción ou
violencia e liberdade de indiferencia: contraposta á existencia de causa e de necesidade.
b. Externa ou de facer ou de obrar.Presupón a ausencia de coaccions externas e implica a
posibilidade de escolla, de autodeterminación frente a diversas alternativas que se nos
presenten a nivel social. Ex.: Eu podo ou non presentarme ás eleicións, podo ou non
reunirme con outros,etc.
“A liberdade é o dereito de facer todo o que as leis permiten, de xeito que se un cidadán
pudiese facer o que as leis prohíben, xa non habería liberdade, pois os demais terian
igualmente esta facultade”Montesquieu
Esta liberdade subdivídese en:
I. Liberdades persoais:
a. Persoal: Dereito a integridade física e a propia vida e garantia de non ser detido
agás nas formas e cos requisitos previstos pola lei.
b. De residencia: dereito a establecer residencia propia onde xulgue máis convinte
c. De circulación: Dereito de moverse sen trabas polo territorio estatal.
d. De pensamento: liberdade de adherirse ao sistema ideolóxico que xulgue convinte
e poder manifestar as propias ideas.
e. De expresión: liberdade para difundir os pensamentos, ideas e opinións por
calquera medio de producción.
f. De cátedra: Dereito do profesor a explicar seguindo os criterios e métodos que
xulgar máis adecuados.
g. De información: liberdade para informar verazmente a través de calquera medio
tanto oral como escrito.
h. Relixiosa: liberdade de profesar calquera relixión ou crenza.
i.De culto: poder manifestar en público as crenzas relixiosas.
II. Liberdades económico-sociais:
a. Propiedade privada: dereito á dispor libremente da propiedade privada e da
herdanza.
b. De empresa: liberdade de establecer unidades de producción de bens e servicios.
c. De comercio: liberdade de intercambiar os productos da actividade económica.
d. De contratación: liberdade de formalizar contratos de compra-venda, aluguer,...
e. De ensino: liberdade para crear centros docentes con ideario propio.
f. De fundación: liberdade para criar entidades que promovan fins culturais,
educativos, relixiosos,...
g. De traballo, de elección de profesión ou ocupación.
h. De libre sindicación: liberdade par asociarse dun modo duradeiro para defender os
propios intereses, mediante a creación de sindicatos ou a afiliación aos xa
existentes.
i.De folga: liberdade de interromper a actividade laboral como medio de presión.
III Cívico políticas:
a. De reunión: liberdade par reunirse con outras persoas ou grupos para discutir,
elaborar proxectos, tomar decisións políticas,etc.
b. De manifestación: a capacidade para expresar en público as ideas políticas.
c. De asociación: liberdade de unirse con outras persoas ou grupos dun xeito
duradeiro para fíns de carácter político, deportivo, cultural, laboral, etc. Mediante
a creación de asociacións culturais,deportivas, partidos políticos,...
IV Liberdades colectivas:
-Dereito de autodeterminación dos povos.
En definitiva podemos facer a distinción entre liberdade positiva: o dereito a dispor dos medios
que nos permitan acadar as metas propostas e liberdade negativa (moral) como ausencia de
interferencias alleas nos nosos planos de vida.